Oríxenes de Lugo

calendar Agosto 25th, 2008

¿¿Poboado «castrexo» ou «campamento romano»??

DISE…

«A orixe de Lugo débese a un campamento romano, aínda que se cre que o asentamiento fíxose sobre un castro celta».

A orixe da cidade de Lugo remóntase a un asentamiento romano na época de Augusto, nos anos 14-13 a.c. Este primitivo emprazamento foise convertendo co paso dos anos nunha importante metrópoli do imperio, que centraba todo o poder para o control do noroeste penínsular. Entre os restos que chegaron ata os nosos días debemos destacar a muralla do século III, a ponte, as termas e un mosaico de Dédalo e Parsifae descuberto en 1986.

A CRÚA REALIDADE

Non podemos suxeitar a existencia de ningún castro en Lugo cidade, aínda que sería posible a simple sospeita pola cercanía de varios castros, como pouco e dubidosa. Nestes momentos non temos NINGUNHA EVIDENCIA REAL DA EXISTENCIA DO CASTRO DE «LUGO»

0000000000000000000000000000000000000000000000000000000000000000000000000000000000

Lugo, toponimia de tolos

DISE…

A eterna dúbida, ¿»celta», «castrexa» ou «latina»?…

Existen varias hipóteses:

Lugo de «Lucus» -> A palabra latina lucus significa «claro» ou «bosque sagrado»

Lugo de «Lucus Augusti» -> A cidade foi fundada entre os anos 26 e 12 a. C. por Paulo Fabio Máximo, legado de César Augusto, en cuxo honor bautizouna como Lucus Augusti.

Lugo de «Lugh» -> Esta hipótese remite a que os romanos farían seu un topónimo anterior, que faría referencia ao deus celta Lugh

A CRÚA REALIDADE

A toponimia é facil escudo de causas perdidas, e non se pode asentar unha hipótese unicamente basandonos nela.

Certo é que a situación física da cidade pode dar lugar á primeira hipótese (Lucus). O cal non afirma nada. Xa que por iso puidese haber castro tardío ou non… vaiche a saber.. nin tan sequera a presenza dun castro afirmaría este boto.

A segunda hipótese (Lucus Augusti) a que oficialmente acéptase, non deshereda as outras posibles dúas hipótese, xa que é ben coñecido a ocultacion de nomes de poboados por Roma, pero voltamos o de sempre, non encontramos castro nin referencia a lugar sagrado mais que a toponimia.

Mais datos( http://www.arqweb.com/lucusaugusti/lugus.asp )

E a terceira hipótese, basicamente estamos no mesmo lugar da primeira. Hoxe en día séguese discutindo a referencia «celta» na cultura «castrexa».. uns tíranse ladrillos, outros se morden, pero a realidade é que hai discursiones para longo..

Filed in: Dúbidas

by: kiko

Non hai comentarios

Castelo da Palma (A Palma)

calendar Agosto 24th, 2008

ANOTACIÓNS PERSOAIS

Fortificación cerrada. Antiga carcel militar. Bo aparcamento xusto despois da mesma (pasar barreira)

AS NOSAS FOTOS (Pulsa na foto pequerrecha)

Proximamente…

VIDEO

Proximamente…

Filed in: Castelos e Torres

by: kiko

Non hai comentarios

Castelo de Ares (Ares)

calendar Agosto 24th, 2008

ANOTACIÓNS PERSOAIS

Segundo me apuntou unha muller do pobo, existen restos de unha torre preto do porto do citado pobo. Non o puiden confirmar. A xente que reside cerca da suposta torre, afirma que si existen os restos. Non puiden acceder a eles. Encontranse sinais na toponimia costeira dunha posible torre («Punta do Castelo»). Non encontrei referencia dela en arquivos. Sen dúbida un verdadeiro misterio.

AS NOSAS FOTOS (Pulsa na foto pequerrecha)

Proximamente…

VIDEO

¿?

Filed in: Castelos e Torres

by: kiko

Non hai comentarios

Cabo Ortegal (Cariño)

calendar Agosto 21st, 2008

ANOTACIÓNS PERSOAIS

Acceso dende entrada de Cariño (non metelo coche na parte vella). Seguir indicacións. Cando desaparecen indicacions proseguir recto. Pouco sitio para aparcar. Non moi apto para persoas con vértigo. Estrada de acceso estreita

AS NOSAS FOTOS (Pulsa na foto pequerrecha)

Proximamente…

VIDEO

Proximamente…

Filed in: Enclaves Naturais

by: kiko

Non hai comentarios

Castelo de Casón

calendar Agosto 21st, 2008

ANOTACIÓNS PERSOAIS

Castelo destruido (conservanse restos dos muros). Vistas increibles. Non apto para persoas que teñas vértigo. Bo sitio para aparcar.

AS NOSAS FOTOS (Pulsa na foto pequerrecha)

Proximamente…

VIDEO

Proximamente…

Filed in: Castelos e Torres

by: kiko

Non hai comentarios

Castelo de Moeche (Moeche)

calendar Agosto 21st, 2008

ANOTACIÓNS PERSOAIS

Castelo cerrado. En restauración.

AS NOSAS FOTOS (Pulsa na foto pequerrecha)

Proximamente…

VIDEO

Proximamente…

Filed in: Castelos e Torres, Festas

by: kiko

Non hai comentarios

Torre do Mariscal Pardo de Cela (Alfoz)

calendar Agosto 11th, 2008

 ANOTACIÓNS PERSOAIS

Castelo re-re-reconstruido. No interior alberga un pequeno museo. Construido nun castro (Castro de Ouro).

Filed in: Castelos e Torres

by: kiko

Non hai comentarios

Castro de Fazouro (Foz)

calendar Agosto 11th, 2008

ANOTACIÓNS PERSOAIS

Castro parcialmente excavado. Doado de atopar. Na carreteira costeira Foz – Burela (N-640). Na veira do mar.
AS NOSAS FOTOS (Pulsa na foto pequerrecha)

Proximamente…

VIDEO

Proximamente…

Filed in: Cultura Castrexa

by: kiko

Non hai comentarios

Templo pagano (Santa Eulalia de Bóbeda)

calendar Agosto 8th, 2008

 

A 14 km. da cidade de Lugo, en Santa Eulalia de Bóveda, atópase un edificio de época tardo romana, de planta rectangular, cunha pequena piscina no centro e bóveda de canón decorada con frescos de singular importancia. No seu exterior, un pequeno atrio con dúas columnas «in antis» precede á fachada, na que se abre unha porta con arco de herradura. Camiño Primitivo de Lugo a Compostela. Km 14. Horarios: de 9 a 14 h.

ANOTACIÓNS PERSOAIS

O dos horarios de visitas deixámolo asi.. pero non abre nin sábados, nin domingos, nin festivos, nin.. polo si ou polo non buscate a vida para avisar de que vas. (A ver se atopo o número de teléfono! e volo posteo)

Filed in: Lugares especiais

by: kiko

Non hai comentarios

Mapa de enclaves naturais de singular beleza en Galiza (Visitados)

calendar Agosto 8th, 2008

Enclaves naturais de singular beleza de galiza:


Ver mapa mais grande que non se ve un carallo

Filed in: Mapas

by: kiko

Non hai comentarios

Olark Livehelp